As nosas traiñeiras desprazáronse onte a Chapela (Redondela) onde máis de 30 equipos se deron cita para asistir á clásica proba contrareloxo que alí se organiza cada ano.
No sector feminino, a nosa tripulación rematou en primeira posición, cun crono de 19.24, seguida de Perillo e Chapela, segundas e terceiras respectivamente. No que respecta á categoría masculina, a nosa primeira tripulación acadou o primeiro posto cun tempo de 16.20, seguidos por Ares e Tirán B. Pola súa banda a segunda embarcación masculina rematou nun sexto posto cun tempo de 17.09.
REGATA DE BATEIS LIGA BARBANZA MUROS-NOIA
Este sábado por mor do mal tempo, a regata desprazouse de Cabo da Cruz ao peirao da Pobra. Nesta proba, tivemos representación en todas as categorías exceptuando as absolutas masculina e feminina. Algúns dos resultados máis destacábeis dos nosos equipos foron:
1° Posto: Alevín feminina e Infantil feminina e masculina
2° Posto: Xuvenil masculina e feminina
3° Posto: Alevín masculina e Cadete masculina e feminina